Este venres terá lugar unha actividade do Proxecto Ríos de Adega no Rego do Segade

LugoXa
Este venres 2 de xuño, a delegación de Lugo de Adega organiza unha nova saída do Proxecto Ríos, para facer o estudo do Rego do Segade.
inspeccion rios segade adega portad
1 Jun 2023

Mañá venres 2 de xuño, a delegación de Lugo de Adega organiza unha nova saída do Proxecto Ríos, para facer o estudo da calidade ecolóxica do Rego do Segade de Lugo.

A inspección consiste na análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais, empregando os materiais proporcionados polo Proxecto Ríos. Cos datos obtidos elabórase anualmente o Informe do estado de saúde dos ríos galegos.

A actividade é de balde e está dirixida a toda a veciñanza de Lugo. Para participar é preciso inscribirse chamando ao número 982240299 ou ben escribindo a adegalugo@adega.gal antes do venres ás 13h.

inspeccion rios segade adega
⚙ Configurar cookies
0.18103981018066