Este xoves continúa a programación de 'O que queda de verán'

LugoXa
A nova edición do ciclo de espectáculos para público infantil e familiar O que queda de verán continúa a súa programación este xoves 10 de agosto con El gran final de Bucráa Circus, un espectáculo para todos os públicos cunha duración de 60 minutos.
O que queda de Verán portada
8 Aug 2023

A nova edición do ciclo de espectáculos para público infantil e familiar O que queda de verán continúa a súa programación este xoves 10 de agosto con El gran final de Bucráa Circus, un espectáculo para todos os públicos cunha duración de 60 minutos.

El Gran Final pretende ser unha traxicomedia que basea a súa esencia no reencontro de dous paiasos, separados dende fai moitos anos por mor dunha guerra civil.

Esta guerra interrúmpelles a última función xusto antes do seu gran acto final. O conflicto, obrígaos a tomar camiños separados e non ter nunca máis contacto o un co outro.

Agora, despois de máis de 30 anos, infinitos pasos, unha loita diaria e constante pola supervivencia, e un corpo avellentado, atópanse e deciden rematar o seu “Gran Final”.

Este ciclo "trátase dunha serie de espectáculos na rúa de teatro e circo con propostas de moi diferentes estilos", explicou Maite Ferreiro, que engadiu "supón unha mostra do mellor en actividades de rúa que ofrece Galiza, o resto do estado e de propostas internacionais para desfrutar en familia".

O que queda de verán deu comezo o pasado xoves 03 de agosto na Praza Anxo Fernández Gómez, e contará cun total de cinco obras multipremiadas como o caso de El gran final de Bucráa Circus e compañías internacionais de prestixio mundial como son os brasileiros Circo no ato.

Para a concelleira O que queda de verán “é xa unha cita imprescindible para aquelas persoas que pasan os meses de verán na nosa cidade, xa sexan de Lugo ou visitantes dun turismo que, ano tras ano, medra na nosa cidade” por verse, incide Ferreiro, como “un lugar vivo e activo no que sempre hai algo que facer e a cultura está presente”.

Programación O que queda de verán 2023

O 17 de agosto terá lugar ¡Somos Circo! de Desastronauts, para todos os públicos e cunha duración de 50 minutos. Damas e cabaleiros, nenos e nenas, o espectáculo que todos estiveron esperando. Raquel Feroz, a auténtica Raíña do Circo, deixarache pampo virando sobre o seu trapecio. Girisho, o Gran Ditador do Circo, sorprenderache coa súa forza e estupidez. Xuntos danche circo 100% puro. Alto en acción e baixo en conversación. Alto en satisfacción e baixo en decepción. Alto en irresponsabilidade e baixo en precaución. É rápido, é divertido, é acrobático, é fermoso. Viaxaron polo mundo realizando as súas incribles habilidades e agora preséntanche a súa obra mestra. Tes sorte, Somos Circo!

O seguinte xove 24 de agosto será a quenda de Tartana de Trocos Lucos, para todos os públicos e unha duración de 50 minutos. Tartana é unha proposta innovadora a nivel escénico e técnico, coa que poder disfrutar da  precisión e seguridade dunha impresionante técnica de circo, un espectáculo co que sentirse vivo, movido pola sensación de non saber se conter o alento ou a risa.

Pechará esta programación o 31 de agosto o espectáculo Se der corda de Circo no Ato tamén para todos os públicos e cunha duración de 45 minutos. Entre cordas, acordes e acrobacias, unha tropa en estado de xogo, risa e creación envolve a todo o público nunha roda viva. O espectáculo fala da grandiosidade do que é sinxelo e inxénuo, da amizade como morza motriz da creación; todo flue na beleza, como a cativada que se encontra no parque e soñan saltando. O humor, presente en todo o espectáculo, trae o frescor da risa espontánea dentro dunha roda de amigos. O estado de xogo e risas que establece o espectáculo extrapola os límites do escenario e envolve a todo o público nun diálogo directo e interactivo cos artistas.

O que queda de Verán

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18063497543335