Estíbaliz Veiga leva a Monterroso a súa obra teatral 'Golpes'

LugoXa
A peza representarase o 1 de novembro no Centro Sociocultural dentro das actividades financiadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
estíbaliz_veiga_teatro_golpes
28 Oct 2025

A actriz e creadora Estíbaliz Veiga presentará en Monterroso o vindeiro 1 de novembro a súa obra Golpes, unha proposta teatral que convida á reflexión sobre a violencia machista e as súas consecuencias na sociedade. A representación terá lugar ás 20.00 horas no Centro Sociocultural do municipio.

A actividade está financiada con cargo ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, dentro dun programa que promove accións culturais e educativas para a sensibilización social e a igualdade.

Golpes é unha peza de forte carga emocional, interpretada pola propia Veiga, que combina interpretación e relato persoal para poñer voz ás vítimas e lanzar unha mensaxe de resistencia e esperanza.

⚙ Configurar cookies
0.25376987457275