Estrean beirarrúas no Camiño da Roca, dentro da mellora de espazos públicos nas Gándaras

LugoXa
Realizouse unha intervención baseada en formigón impreso
beirarruas-camino-da-roca-gandars
24 Aug 2025

O tenente alcalde do concello de Lugo, Rubén Arroxo, visitou o Camiño da Roca, no barrio das Gándaras, onde a Tenencia de Alcaldía está a renovar as beirarrúas. Arroxo explicou que "desde a Tenencia de Alcaldía seguimos traballando na mellora dos espazos públicos, planificando diversas intervencións en base ás visitas aos barrios e ás reclamacións da veciñanza".

Rubén Arroxo explicou que os traballos consistirán na mellora da accesibilidade das e dos veciños, renovando dun tramo de beirarrúa, dunha lonxitude de 108 metros, e dun ancho de 3, ademais da conexión entre as dúas beirarrúas paralelas, nunha rampla de 4 metros de ancho. Os traballos realizados foron a demolición das baldosas antigas e a instalación dunha capa de formigón ruleteado, reforzado con fibras estruturais, cun espesor de 15 centímetros.

A Tenencia de Alcaldía planifica a realización destas intervencións nos meses de verán, aproveitando as condicións climáticas favorables desta época do ano, xa que o bo tempo é esencial para garantir a calidade do asfaltado, garantindo que a solución aplicada dure o máximo tempo posible en bo estado. Penas destacou o compromiso da Tenencia de Alcaldía coa mellora das rúas da cidade.

⚙ Configurar cookies
0.15277695655823