Estúdanse as actuacións de mellora e conservación da igrexa do Carme en Lugo
LugoXa
A Xunta de Galicia executará actuacións de mellora na igrexa do Carme de Lugo, situada no barrio do mesmo nome na ruta do Camiño Primitivo.
8 Mar 2024
A Xunta de Galicia executará actuacións de mellora na igrexa do Carme de Lugo, situada no barrio do mesmo nome na ruta do Camiño Primitivo. A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, mantivo unha xuntanza na Delegación Territorial de Lugo na que representantes do Bispado e da Confraría da Nosa Señora do Carmen expuxeron as principais necesidades que presenta a capela.
Técnicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades visitarán a igrexa para analizar desde un punto de vista técnico o tipo de intervención que resulte máis conveniente para contribuír á súa conservación.