Estudantado de Castroverde coñece unha explotación co programa Da Escola á Granxa

LugoXa
Esta proposta permite que o alumnado se achegue á gandería e á agricultura desde unha nova perspectiva
visita-alumnos-castroverde-granxa
A visita á granxa
14 Xuño 2024

A deputada Iria Castro acompañou ao estudantado do CEIP de Castroverde na visita que realizaron á granxa Angus do Campo. Unha actividade enmarcada na terceira edición do programa Da Escola á Granxa, impulsada pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Esta proposta permite que o alumnado se achegue á gandería e á agricultura desde unha nova perspectiva. Esta edición conta coa participación 34 granxas e proxectos de emprendemento no rural, 5 máis que na pasada edición, e 51 ANPAS beneficiarias.

0.17955422401428