Estudantes de hostalería do IES Sanxillao realizaron un 'showcooking' aberto na Praza de Abastos

LugoXa
Os venres do mes de novembro, en horario de mañá, as persoas que se acheguen á praza poderán desfrutar de degustacións culinarias
estudantes-de-hostalería-do-IES-Sanxillao--Lugo-showcooking
22 Nov 2024

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitaron a Praza de Abastos, onde estudantes de hostalería do IES Sanxillao realizaron un showcooking aberto á veciñanza con degustacións de diversos productos.

"Trátase dunha colaboración coa que ademais de familiarizar ao estudantado coa Praza de Abastos promove a transmisión dos valores da gastronomía tradicional e contribúe a dar un valor engadido á Praza de abastos como espazo referente dos produtos tradicionais, frescos e de calidade", explicou Cristina López.

Os venres do mes de novembro, en horario de mañá, as persoas que se acheguen á praza poderán desfrutar de degustacións culinarias, dentro da colaboración que manteñen ambas entidades. Cristina López destacou que a cociña da Praza de Abastos "permítennos achegar experiencias únicas coma esta mostra a cargo de recoñecidos cociñeiros da cidade".

A concelleira de Participación afirmou que "continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que toda a veciñanza poida coñecer os productos de primeira calidade que se comercian nestas instalacións". Cristina López animou á veciñanza a "realizar as súas compras na Praza e no Mercado e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18811011314392