Eugenia Iglesias, número 13 da candidatura do PSOE, substitúe a Olga López Racamonde

LugoXa
Iglesias asumirá a acta despois de que Alberto Caldeiro, a quen lle correspondía, decidise non incorporarse por incompatibilidade coa súa situación profesional e persoal
Casa-Consistorial-Concello-de-Lugo
13 Apr 2026

Eugenia Iglesias Vargas, número 13 da candidatura coa que Lara Méndez revalidou a Alcaldía de Lugo en 2023, converterase na próxima concelleira da cidade tras o falecemento de Olga López Racamonde.

Iglesias asumirá a acta despois de que Alberto Caldeiro, a quen lle correspondía, decidise non incorporarse por incompatibilidade coa súa situación profesional e persoal.

Natural de Piúgos, Iglesias é graduada en Ciencias da Actividade e do Deporte e desenvolveu a súa traxectoria profesional nese ámbito, aínda que actualmente traballaba como vixiante de seguridade no HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti).

Tendo en conta que Olga López Racamonde exercía como responsable da área de Benestar Social, prevese que a incorporación de Iglesias implique unha leve reorganización interna e axustes nalgúns departamentos, xa que Iglesias non ten experiencia en política, aínda que forma parte da executiva local do PSdeG, onde ocupa o cargo de secretaria de Igualdade, e integra este órgano desde que Miguel Fernández asumiu a súa dirección.

0.087040185928345