Éxito da Feira de Asociacións de Ámbito Social en Lugo

LugoXa
A Deputación de Lugo colaborou con FADAS na celebración onte da Feira de Asociacións de Ámbito Social en Lugo
Feira FADAS
29 Maio 2022

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou onte na inauguración da quinta edición da Feira de Asociacións de Ámbito Social de Lugo, que estará aberta ao público na Praza Maior da cidade. A Deputación de Lugo colabora con FADAS, organizadora do evento, cunha achega de 10.000€ para o funcionamento do colectivo lucense.

Rivera Capón destacou que a institución provincial “aposta polas entidades sociais da provincia e colabora activamente con elas para a posta en marcha de iniciativas e actividades que permitan unha mellor calidade de vida dos usuarios e das súas familias”.

“Colaboramos con FADAS porque desenvolve un gran labor a favor da igualdade e loita por conseguir a plena inclusión social das persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social, un dos obxectivos dentro das políticas sociais que desenvolvemos na Deputación de Lugo, de maneira directa ou en colaboración cos concellos e co tecido asociativo da provincia”, dixo Rivera Capón.

Esta actividade, contou cunha ducia de expositores de distintos ámbitos da cidade, “permitiu que todos os lucenses e as persoas que hoxe visiten a cidade coñezan os proxectos que leva a cabo FADAS, pero tamén o resto de entidades presentes”, apuntou o Deputado.

FADAS traballa da man de colectivos que desenvolven o seu labor en torno á defensa da muller, a familia, a infancia, a saúde, o emprego, a inmigración, o comercio xusto, a cooperación ao desenvolvemento, o deporte, o voluntariado, a sensibilización e o medio ambiente.

0.15151286125183