Éxito de participación no primeiro torneo de Oratoria Letras Galegas

LugoXa
Os participantes demostraron un gran nivel de oratoria a pesar de que, na maioría de casos, enfrontábanse ao seu primeiro torneo destas características
debate-letras-galegas-fingoi
11 May 2025

A primeira edición do Torneo de Oratoria Letras Galegas tivo lugar este sábado 10 de maio. Os participantes de 1º e 2º da ESO de diferentes institutos de Galicia competiron nun concurso no que se homenaxeou, mediante as diferentes probas, a toda a contorna da literatura e cultura galega. En total, participaron un total de 11 equipos, procedentes de distintos puntos de Galicia.

A xornada comezou cunha inauguración que foi levada a cabo por Antonio Platero (director do torneo e membro da Asociación Más Debate), Israel Barreira (xefe de estudos de colexio Fingoi) e Javier Arias (delegado territorial da Xunta). O desenvolvemento do evento tivo lugar nas instalacións do centro, que, xunto á Xunta de Galicia, colaborou coa asociación para que este fóra posible.

Manuel Maseda, vicepresidente da Asociación, ofreceu unha formación sobre oratoria a todos os integrantes do evento.

Doutra banda, como actividade destacada, os participantes e público asistente accederon a un debate de exhibición entre membros da Asociación Más Debate e compoñentes do pasado Torneo Lugo Debate. Ademais, estes últimos tiveron cabido na sección de xurado, estreando unha nova categoría nos nosos eventos como é “Xuíz Novato”.

Os participantes demostraron un gran nivel de oratoria a pesar de que, na maioría de casos, enfrontábanse ao seu primeiro torneo destas características.

O Colexio La Salle de Santiago resultou gañador do torneo, nunha final apertada que lle enfrontou ao Colexio Maristas de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.16997385025024