Éxito do 'Actívate' da Deputación en Baleira e Láncara

LugoXa | SarriaXa
A escalada e o agroturismo foron os protagonistas esta fin de semana do programa Actívate da Deputación; esta vez en Baleira e Láncara.
Escalada en Baleira
9 Maio 2022

A escalada e o agroturismo foron os protagonistas esta fin de semana do programa de turismo activo e de aventura Actívate que impulsa a Deputación; esta vez en Baleira e Láncara.

No Concello de Baleira, os participantes puideron iniciarsee na escalada en Pena da Fontaneira. Pola súa banda, os asistentes ás actividades de Láncara, puideron gozar dunha visita a unha granxa local e ao Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria, centrando a actividade na introdución á apicultura.

Dentro deste programa provincial xa se levaron a cabo actividades de sendeirismo en Ribas de Sil e sendeirismo e espeleoloxía na Pontenova. Son propostas gratuítas, para todos os públicos co obxectivo de apoiar ao sector da hostalaría, o turismo e o comercio, ao tempo que se avanza nun modelo de turismo de calidade e sostible.

As persoas interesadas en participar a vindeira fin de semana na práctica de bicicleta de montaña eléctrica, en Guitiriz, ou tiro con arco, na Fonsagrada, xa poden inscribirse na web http://inscricions.deputacionlugo.org. Para máis información, poden enviar un correo electrónico a activate@deputacionlugo.org ou chamar ao teléfono 982.26.02.35.

0.10302710533142