Éxito do Club Lugo Esgrima no Campionato Galego M9-M15 celebrado na Coruña

O Club Lugo Esgrima colleitou un gran éxito no Campionato Galego de Esgrima en categorías menores (M9, M11, M13 e M15), celebrado a pasada fin de semana na Coruña.
David Alistair Hopkins Jérez, de 13 anos, proclamouse campión na categoría M13 masculina, logrando a medalla de ouro e consolidando unha tempada excepcional. Pola súa parte, Nuno Fernández Piñeiro, de só 9 anos, fíxose coa prata na categoría M9 mixta, demostrando que o futuro do club está en boas mans.
A nivel colectivo, o Club Lugo Esgrima celebrou con orgullo a Copa de Bronce Galega na Liga de Clubs M9, un premio ao esforzo e compromiso de toda a canteira ao longo da tempada.
Tamén merece unha mención especial Daniella Silva López, que rozou o podio cunha gran actuación, así como os seus compañeiros Daniel Luca Muñiz e Manuel Rodríguez Prendes, que completaron unha participación destacada, contribuíndo a unha actuación de equipo moi sólida.
Os novos tiradores lucenses asinaron unha actuación brillante, reflexo do sólido traballo de formación que se realiza desde a base do club.