Éxito do Open San Froilán de Billar e de Dardos
LugoXa
Na competición de parellas, Sergio Fernández e Daniel Rodríguez resultaron gañadores
14 Oct 2024
Un ano máis rematou o Open San Froilán de Billar. Na competición de parellas, celebrada o venres 11, Sergio Fernández e Daniel Rodríguez resultaron gañadores, quedando en segunda posición Jaime Fontal e Iván Rey. O sábado 12 foi a quenda da Competición Invididual na que gañou Temi Leyenda, seguido de Heriberto Vivar, Jorge Blanco, Rafael Vidal. Ademais, tamén se celebrou o Open San Froilán de Dardos o sábado 12 no Club Tiempos Modernos. Javier Gómez proclamouse campión, seguido de Nacho Tey e Jesús López.