Éxito feminino do CD Biosbardo no Trail Heroica Sacra
Éxitos deportivos esta pasada fin de semana para o CD Biosbardo. Os seus deportistas voltaron a estar repartidos por múltiples eventos, como xa é habitual coa volta á normalidade competitiva.
Os nomes da xornada, sen dúbida, foron Katia Senín e Enara Fernández, campioas no Trail Heroica Sacra, disputado entre Chantada e a Praia da Cova (O Saviñao); un trazado de 22 quilómetros e 2300 metros de desnivel acumulado que se celebrou o domingo.
As corredoras disputaron a modalidade por equipos, onde unha integrante percorreu os 11 primeiros km e a outra a segunda parte, otros 11km. As deportistas do C.D.Biosbardo apostaron por unha estratexia gañadora; Enara Fernández realizou o primeiro segmento, máis técnico; metres que Katia Senín tomaría o relevo para lanzarse sen miramentos de cara á meta.
Nun final vibrante a vitoria decidíuse no último quilómetro, donde o primeiro e segundo equipo feminino ían á par. Katia realizou un descenso a meta brillante, collendo unha vantaxe duns metros que mantuvo ata o sprint final e levándose a victoria por tan só 5 segundos recibindo un sonoro aplauso do público presente en Praia da Cova.
No cadro masculino os deportistas do CD Biosbardo colocábanse con comodidade no top 10 nunha carreira que percorreu os bancais da chamada viticultura heroica,
que daba nome á proba.