Éxitos no fútbol xuvenil lucense
LugoXa
O SCD Milagrosa Xuvenil consegue o pase de ascenso á Galega e o Casás Xuvenil subirá á primeira provincial.
24 Maio 2022
Fin de semana de éxitos no fútbol xuvenil lucense. O Milagrosa e o Casás lograron o ascenso das súas respectivas categorías.
O SCD Milagrosa acadou o pase á Galega tras un 5-1 contra o Foz, nun partido recuperado na segunda metade.
Na segunda xuvenil, o protagonista foi o Casás que venceu ao Sagrado Corazón nun 2-1 que marcou o ascenso á primeira cos goles de Diego (8’) e Breixo (53’).