Expertos galegos e lusos falarán hoxe das potencialidades turísticas do circuíto da romanización

LugoXa
Expertos galegos e lusos falarán das potencialidades turísticas do circuíto da romanización no que Lugo é eixo central
Portada milario romano
23 May 2023

Expertos de Galicia e Portugal falarán nunha mesa redonda hoxe, día 23, ás 20.00 horas, no Vello Cárcere, das potencialidades turísticas que se abren co Circuíto cultural da Romanización na Eurorexión Galicia-Norte de Portugal, circuíto que comezou a impulsar a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, como presidenta do Eixo Atlántico.

Neste circuito, tal e como recollen os informes de especialistas como o arqueólogo Santiago Ferrer, Lugo é un punto de referencia e de partida así como o proxecto de recuperación do Cuartel de San Fernando como Museo da Romanización de Galicia e o Noroeste Peninsular: “A rehabilitación deste inmoble para convertelo en Centro de Interpretación e Museo, un proxecto amplamente demandado, é fundamental, xa que a cidade necesita dun centro de referencia sobre o mundo romano tanto dende o punto de vista cultural, económico como turístico”.

O informe sinala así mesmo, a idoneidade deste edificio para acoller estas instalacións por atoparse dentro do recinto amurallado e inmerso no casco histórico da cidade, rodeado de puntos ou recursos arqueolóxicos abertos ao público, facilitando aos visitantes e turistas realizar un fácil e cómodo percorrido polas distintas fiestras arqueolóxicas, sotos visitables, centros de interpretación e museos que se atopan nas inmediacións.

Nesta mesa redonda participarán o arqueólogo Santiago Ferrer; o doutor en Xeografía Humana. Universidade do Miño, Miguel Sopas de Melo; Lidia de la Fuente, guía oficial de Turismo, e Aurelia Balseiro García, directora Museo Provincial de Lugo.

A xornada enmarcarse no ciclo de conferencias Gallaecia: pasado común do Noroeste peninsular, incluído na programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico.

0.16242694854736