Facenda corrixirá as irregularidades rexistradas nas expropiacións realizadas na LU-710, en Baralla
O BNG de Baralla celebra que o Ministerio de Facenda abra procedemento para corrixir as irregularidades rexistradas nas expropiacións realizadas na LU-710. A formación política denunciou o pasado mes de marzo, a través de preguntas presentadas polo do deputado no Congreso, Néstor Rego, que o catastro seguía a cobrar o IBI á veciñanza a cal se lle expropiaron fincas no 2009 cando se fixeran os arranxos na LU-710 propiedade da Consellaría de Infraestruturas.
Aseguraban que a Consellería non cumpriu co seu deber legal de comunicar a Catastro estas expropiacións e as parcelas seguen a figurar coa mesma superficie que antes das expropiacións. O 18 de abril recibiuse resposta a estas preguntas onde o Ministerio de Facenda solicitaba información a Catastro dos distintos procedementos expropiatorios e así poñer fin ao pago do IBI de superficies que non corresponden.
Chegouse a esta situación polo incumprimento legal que teñen as administracións expropiantes de comunicar a Catatro as alteracións de propiedade dos predios. O BNG de Baralla xa tiña denunciado estes feitos diante do alcalde, pero aseguran que non obtiveron resposta, nin o Concello fixo ningún trámite para corrixir esta situación. O BNG a día de hoxe non ten representación no concello máis segue e seguirá como sempre fixo a traballar pola veciñanza de Baralla.