FAIA presentará Alvela, o seu novo disco na Capela de Santa María de Lugo

LugoXa
Neste concerto, FAIA estará acompañada pola arpista bretoa Bleuenn Le Friec e a formación Suelen Estar Quartet
Faia-cantante
30 Apr 2025

A cantante, creadora e historiadora da arte, FAIA, presentará Alvela, o seu novo disco, o vindeiro venres, 2 de maio, na Capela de Santa María de Lugo, a partir das 20.30 horas.

Este evwnto, que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación luguesa, será directo acústico no que a veciñanza poderá descubrir un traballo complexo e sutil que transita pola experiencia da maternidade, a memoria do corpo e as violencias que o atravesan, mais tamén sobre a forza que reside no íntimo, no desexo e no pracer.

Neste concerto, FAIA estará acompañada pola arpista bretoa Bleuenn Le Friec e a formación Suelen Estar Quartet.

Alvela é o segundo álbum en solitario de FAIA un traballo producido por Hevi (Malandrómeda, Fluzo) e que conta coas colaboracións de Bleuenn Le Friec, Antía Ameixeiras, Antía Muíño, De Vacas ou Suelen Estar Quartet.

O concepto visual do álbum foi elaborado xunto con Melania Freire e as acuarelas e as animacións que acompañan as cancións son obra de Blanca Gracia. A poeta Antía Otero acompañou na conceptualización xeral e no seguimento do proceso do disco.

⚙ Configurar cookies
0.083987951278687