Falcatrueiros de Monterroso organiza unha nova edición do Festival Infantil de Danza

LugoXa
Despois do traballo de todo o ano, os grupos infantís amosan a familias e amigos o seu traballo como festa de fin de curso
pandeireta
Imaxe de arquivo
28 Jun 2024

A asociación cultural Falcatrueiros de Monterroso organiza o XXVII Festival Infantil de Danza que conta coa colaboración do Concello. O programa comeza este domingo cun pasacalles por Rosalía De Castro, Avenida do Marco, Avenida de Lugo, Benigno Vázquez e Rúa Falcatrueiros, con saída ás 18.10 horas. Despois do traballo de todo o ano, os grupos infantís de Falcatrueiros Monterroso amosan a familias e amigos o seu traballo como festa de fin de curso.

Como convidados contan coa agrupación de Boimorto. O domingo 7 de xullo é a quenda do grupo de Danza Clásica e Contemporánea, que deleitará co seu bo facer. Acompañaranos o grupos Scene Ballet de Lalín. Ambas citas terán lugar no centro sociocultural de Monterroso.

0.13859295845032