Falece Jesús Tartillán, o exfutbolista lucense que xogou contra Pelé

LugoXa
A SD Ponferradina anunciou o falecemento aos 83 anos de idade do lucense Jesús Tartilán, xogador, adestrador e director deportivo en diferentes etapas do club que sempre estivo “ao servizo da Deportiva”, segundo trasladan no comunicado.
jesus_tartillan
19 Mar 2024

A SD Ponferradina anunciou o falecemento aos 83 anos de idade do lucense Jesús Tartilán, xogador, adestrador e director deportivo en diferentes etapas do club que sempre estivo “ao servizo da Deportiva”, segundo trasladan no comunicado.

Parte da súa carreira estivo vinculada ao conxunto de Ponferrada, localidade á que emigrou de novo. Aínda que foi unha lenda para o fútbol berciano, tamén xogou noutros equipos como a Cultural Leonesa, o Cádiz ou o Betis e noutros conxuntos internacionais como foron os Cleveland Stokers. Precisamente, cando formaba parte deste equipo, Tartillán foi quen de disputar un encontro contra Pelé.

0.12552404403687