Familias de Becerreá participan no Proxecto Libera
A Asociación Nacional de Pais de Alumnos do CEIP San Xoán de Becerreá participaron este ano no Proxecto Libera que organiza SEO BirdLife e Ecoembes para frear as consecuencias do lixo abandonado nos espazos naturais, a basuraleza, no que participaron 11000 voluntarios en toda España. O obxectivo desta iniciativa é concienciar e mobilizar á cidadanía para manter os espazos naturais libres de lixo e que poidamos liberar vida en favor da biodiversidade.
A actividade realizouse no parque de Valgamarín, no Concello de Becerreá e participaron familias voluntarias que estiveron recollendo lixo, así coma colaborando na recollida de datos do proxecto.
A ANPA, na liña de actividades da natureza, organizan xunto co Concello de Becerreá, un concurso de fotografía familiar no que haberá premios para os participantes.