Fan un recoñecemento ao equipo redactor do proxecto para converter á Muralla en Patrimonio da Humanidade

LugoXa
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro entregoulles ás cinco persoas do equipo redactor cadansúa réplica dos mosaicos de Batitales
equipo-redactar-muralla-patrimonio
6 Apr 2025

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Museo Provincial de Lugo recoñeceron esta mañá a traballo do equipo que redactou o proxecto para a inscrición da Muralla Lugo como Patrimonio Mundial da Humanidade: Bieito Pérez Outeiriño, Enrique Alcorta Irastorza, Felipe Arias Vilas, Covadonga Carreño Gascón e Ignacio López de Rego Uriarte.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro entregoulles cadansúa réplica dos mosaicos de Batitales no inicio da segunda xornada do encontro de divulgación do patrimonio arqueolóxico lucense Muralla Romana de Lugo. Ann XXV in Tabula Mirabilium, organizado polo Museo Provincial de Lugo coincidindo co 25 aniversario da inclusión da Muralla na listaxe da Unesco.

Na súa intervención no acto, Efrén Castro destacou "a contribución do seu traballo ao recoñecemento da Muralla por parte da Unesco, un punto de inflexión na proxección de Lugo como referente internacional en canto a patrimonio romano e tamén na valoración do patrimonio propio como recurso de dinamización cultural, social ou turística"

Enrique Alcorta Irastorza, Felipe Arias Vilas, Covadonga Carreño Gascón e Ignacio López de Rego Uriarte interviron a continuación nunha mesa redonda en que lembraron o proceso de traballo na elaboración da proposta. A xornada continuou cunha ponencia do presidente de Icomos España, Juan Carlos Molina, e unha visita técnica á muralla de Lugo a cargo de Enrique Alcorta Irastorza, tamén arquitecto do Museo Provincial.

O encontro, que se celebrou desde o venres no Pazo de San Marcos, dedicouse a analizar e avaliar a transcendencia deste ben de interese cultural no ámbito da historia, da arqueoloxía ou da restauración e no que se abordaron tamén estratexias de socialización, difusión e comunicación do patrimonio no contexto actual.

⚙ Configurar cookies
0.18010497093201