Federico Losada, subcampión de España M45 no Campionato Nacional de Trailrunning

LugoXa
O éxito de Federico sumouse ao gran traballo do seu compañeiro Marcos Pascual, tamén representante masculino da selección galega
CD-biosbardo-Campionato-de-España-individual-trailrunning
15 Apr 2025

O atleta lucense Federico Losada, do Club Deportivo Biosbardo, proclamouse subcampión de España na categoría M45 durante a súa participación no Campionato de España individual e por seleccións de Trailrunning, celebrado esta fin de semana nun esixente percorrido de 28 km con máis de 1600 metros de desnivel positivo.

Federico controlou a carreira dende o inicio cun ritmo constante e decidido, coa dobre motivación de contribuír ao mellor resultado da selección galega absoluta e luchar polo podio da súa categoría. Xa nos primeiros quilómetros integrouse nun numeroso grupo perseguidor onde se atopaban os seus principais rivais, avanzando progresivamente ata situarse segundo da categoría no km 12, posición que mantería ata cruzar a meta tras unha intensa loita polo liderado.

O éxito de Federico sumouse ao gran traballo do seu compañeiro Marcos Pascual, tamén representante masculino da selección galega, que xunto a el contribuíu a lograr un histórico TOP10 por equipos, sendo esta a primeira vez que Galicia acada esta posición na clasificación por seleccións.

Non obstante, a xornada deixou tamén unha nota amarga coa lesión da atleta Tamara García, quen se viu obrigada a retirarse no km 15 despois de sufrir unha escordadura severa nun percance entre rochas. Tamara viña facendo unha excelente carreira, ascendendo postos na táboa clasificatoria, e no momento da súa retirada a selección feminina ocupaba a 8ª posición. Afortunadamente, a lesión non reviste gravidade e xa se atopa en proceso de recuperación.

Desde o Club Deportivo Biosbardo celebran este gran resultado e amosan o seu orgullo polos tres representantes na selección galega absoluta, destacando o esforzo, compromiso e espírito competitivo de todos eles.

⚙ Configurar cookies
0.16686391830444