Felipe Rivas, novo responsable local do BNG de Lugo

LugoXa
O novo consello local estará formado por 15 persoas, mesturando experiencia e renovaciónA Asemblea aprobou a única proposta presentada
felipe rivas bng lugo
30 Nov 2021

O concelleiro do BNG Felipe Rivas vén de ser escollido novo responsábel local do BNG de Lugo. A renovación dos órganos de dirección do BNG enmárcase dentro dos traballos posteriores á Asemblea Nacional do BNG celebrada na Coruña o pasado mes de novembro. “Afrontamos este novo reto con ilusión e co ánimo de expandir o proxecto do BNG a nivel local”, explicou Felipe Rivas.

O consello local estará formado por un total de 15 persoas, ás que se sumará a persoa escollida pola organización xuvenil do BNG, Galiza Nova. O responsábel local pasará a formar parte tamén do Consello Comarcal do BNG. O novo consello local mestura experiencia e renovación, unindo a persoas con experiencia no organismo con persoas que terán neste período o seu primeiro contacto cos organismos do BNG.

Felipe Rivas destacou a importancia da militancia á hora de tomar decisións no seo do BNG. “As e os militantes do BNG somos os encargados de decidir a liña política e as decisións de peso dentro da organización”.

Novo consello local do BNG

  1. Felipe Rivas Jorge
  2. Iria Buide Pena
  3. Xose Luís Varela Piñeiro
  4. Maite Ferreiro Tallón
  5. Cristina López Fernández
  6. Rubén Arroxo Fernández
  7. Beatriz Cedrón Vilar
  8. Alexandre Espiño Castro
  9. Carme Salvadores Cobas
  10. Lois Neto López
  11. Laura Arrojo Reguera
  12. Xosé Paz Fernández
  13. Vitor Otero Vázquez
  14. Paz Abraira Sobrado
  15. Luís Blanco Rivadulla

Suplentes

  1. Natalia Cabana Rancaño
  2. David Vázquez Vázquez
  3. Pedro Gómez Val
  4. Pascuala Dorado Fernández
nova directiva bng lugo
0.17712187767029