Felipe Rivas presenta a súa candidatura a responsable local do BNG de Lugo

LugoXa
Felipe Rivas presentó su candidatura para ser responsable local del BNG. Estuvo acompañado por Rubén Arroxo y otros militantes del partido.
felipe rivas candidatura bng
27 Nov 2021

O concelleiro do BNG Felipe Rivas vén de presentar a súa candidatura a responsable local do BNG de Lugo, dentro do proceso de renovación dos organismos da fronte enmarcados nos traballos posteriores á Asemblea Nacional do BNG. Rivas presentou a súa candidatura acompañado polo portavoz do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, e por militantes do BNG na localidade.

O consello local é o órgano de dirección do BNG no concello de Lugo. “Afrontamos este novo reto con ilusión e co ánimo de expandir o proxecto do BNG a nivel local”, explicou Felipe Rivas. Rivas contará na súa candidatura, entre outras persoas, co responsáble local saínte, Luís Blanco.

Felipe Rivas destacou a importancia da militancia á hora de tomar decisións no seo do BNG. “As e os militantes do BNG somos os encargados de decidir a liña política e as decisións de peso dentro da organización”.

O consello local estará formado por un total de 15 persoas, ás que se sumará a persoa escollida pola organización xuvenil do BNG, Galicia Nova. O responsáble local pasará a formar parte tamén do Consello Comarcal do BNG.

0.19209980964661