Fernando Corredoira faise cargo do banco do CD Castro

TerraChaXa | LugoXa
O CD de Castro presentou a fichaxe de Fernando Corredoira como novo técnico do primeiro equipo logo da destitución a semana pasada de Rafael Casanova debido aos malos resultados do equipo, que se atopa a un paso do descenso.
fernando corredoira cd castro portada
6 Mar 2024

O CD de Castro presentou a fichaxe de Fernando Corredoira como novo técnico do primeiro equipo logo da destitución a semana pasada de Rafael Casanova debido aos malos resultados do equipo, que se atopa a un paso do descenso.

Corredoira xa dirixiu ao equipo a pasada fin de semana, na que logrou sumar un punto no campo do terceiro clasificado, o San Tirso. Para dirixir o CD Castro, o técnico deixou ao San Roque, de Segunda Galicia.

A tarefa do novo adestrador será sacar ao CD Castro do perigo lle supón estar a dous puntos do descenso. Cando recibiu ao equipo este levaba 23 partidos disputados, cun cómputo global de 12 derrotas, 7 vitorias e 4 empates. Foi precisamente a xeira de derrotas desde que comezou o ano o que levou ao club a tomar a decisión do despedimento de Casanova.

"Con ampla experiencia como xogador e tamén como adestrador en distintas categorías, un home de diálogo e compromiso que chega a esta Familia para tratar de axudar ao equipo nesta recta final da competición e acadar os obxectivos marcados", explican desde o club.

Rafa Casanova ocupou a dirección do equipo chairego no mes de xaneiro do ano pasado, despois do anuncio da dimisión de Juan Peón "por motivos persoais". Casanova, que chegou ao club despois de ser cesado nas Pontes tamén por malos resultados, recolleu ao club na sexta posición da táboa e levouno ao ascenso a Preferente.

0.17897009849548