Fernando Valladares presentou na UNED o seu libro 'La Recivilización'
Fernando Valladares presentou o seu novo libro, La Recivilización, na UNED de Lugo. A universidade acordou nomear ao autor como padriño da rama ambiental do proxecto UNED Futura, baixo o que se ampara a conferencia.
Neste libro, o prestixioso ecólogo, revela con honestidade e valentía os desafíos e os obstáculos aos que temos que enfrontarnos para dirixirnos cara un novo modelo ecosocial baseado na confianza, a empatía e a colaboración máis que na competencia e na sobreexplotación.
Na mesma liña, o centro tivo a oportunidade de contar coa presencia de Emilio Luque, vicerreitor adxunto de sustentabilidade da UNED, que falou sobre a misión da universidade en tempos de crise climática.
A librería local Trama encargouse de proporcionar exemplares do libro para todas aquelas persoas interesadas en mercalo.
Posteriormente, unha vez rematada a conferencia, Fernando Valladares asinou no libro verde de honra da UNED de Lugo e foi nomeado embaixador do proxecto #LugoNaturalMente de la UNED.