Festas en Santa Cristina de San Ramón, a última fin de semana de agosto
LugoXa
A última fin de semana de agosto terán lugar as festa de Santa Cristina de San Román, de Lugo, na honra a San Ramón.
22 Aug 2023
A última fin de semana de agosto terán lugar as festa de Santa Cristina de San Román, de Lugo, na honra a San Ramón.
O venres 25 haberá pola noite unha churrascada popular, seguida dunha verbena a cargo do dúo Epok e Dj Canedo.
O sábado 26 comenzará a xornada ás 13.30 horas cunha misa solemne seguida dunha sesión vermú coa orquesta Alabama Show. Pola tarde contarase cunha serie de actividades para os máis pequenos, así como un partido de futbol.
Como remate do día haberá unha verbena á medianoite amenizada polo mesmo grupo.
O domingo 27 ás 13.30 horas haberá unha misa solemne co participación da escola coral Schola Gregoriana Lucensis e, como remate da xornada festiva, unha sesión vermú a cargo do trío Merengue.