Festas en Santa Eulalia de Bóveda a primeira fin de semana de setembro
LugoXa
A fin de semana do 2 e 3 de tembro de 2023 celebraranse en Santa Eulalia de Bóveda as festas na honra a Santo Cristo.
26 Aug 2023
A fin de semana do 2 e 3 de tembro de 2023 celebraranse en Santa Eulalia de Bóveda as festas na honra a Santo Cristo.
O sábado comenzará a xornada cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida dunha procesión e unha sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate. Como remate do día terá lugar unha verbena a cargo da mesma orquestra e Dj Casanova.
O domingo haberá unha misa solemne ás 13.30 horas, seguida dunha procesión con San de Lugh como acompañamento. O dúo Estrellas será o encargado de amenizar a sesión vermú que porá fin á xornada festiva.