Festas en Valonga, Pol, dende o xoves
TerraChaXa | LugoXa
A parroquia de Valonga, en Pol, celebra desde o xoves as súas festas patronais na honra de Santa María e a Virxe de Guadalupe.
4 Abr 2023
A parroquia de Valonga, en Pol, celebra desde o xoves as súas festas patronais na honra de Santa María e a Virxe de Guadalupe.
As festas darán comezo cunha churrascada popular o xoves, que estará amenizada polo díuo Eclipse. O día grande das festas será o sábado 8. O dúo Epoka será o encargado da sesión vermú e da verbena e nesta última estará acompañado polo grupo Beatriz.
O domingo, rematarán as celebracións cunha misa ás 13.30 horas, seguida de procesión e logo unha sesión vermú de novo co dúo Eclipse.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.
A localidade contará con verbena o sábado a cargo de Alma Latina.
Ademais, o domingo haberá misa ás 13.00 horas con sesión vermú, que estará a cargo do dúo Dilema.