Fin de semana de éxitos para o CD Biosbardo

LugoXa
Jonathan Pérez, do CD Biosbardo, acadou o quinto posto da absoluta na segunda proba do Desafío Galaico, celebrada en Maceda o pasado domingo.
Jonathan Perez CD Biosbardo
25 Maio 2022

Deportistas do CD Biosbardo competiron a pasada fin de semana en distintas probas espalladas pola xeografía galega, sumando cada un na súa progresión.

Unha das competicións nas que estivo representado o CD Biosbardo, foi o Desafío Galaico, un circuito formado por tres probas de trail, das máis punteiras de Galicia: Desafío Oia (Oia, 19 de marzo), Desafío San Mamede (Maceda, 22 de maio) e o futuro Desafío Vértice (Padrón, 3 de setembro).

En Maceda, Jonathan Pérez acadou a quinta praza absoluta. Coa segunda das probas do Desafío Galaico (22k), e tras 1700 metros de ascenso, Pérez sube de posición ata o quinto posto da clasificación xeral.

Jonathan Pérez fai valer a súa regularidade e xa na segunda proba se coloca a tiro de podio. Dende o equipo destacan, ademáis, a rápida recuperación do deportista pois, facía tan só dúas semanas, que Jonathan Pérez viña de facer tamén un quinto posto absoluto (terceiro de categoría) no Quiroga Trail Challenge: 43km o sábado 7, e 27 o domingo 8, con 4 mil metros de ascenso totais.

Na clasificación do Desafío Galaico destacan tamén , do equipo masculino,Guillermo Grandal, dentro dos 100 primeiros, e do feminino Enara Fernández no posto 27.

Doutra banda, na xornada do sábado levouse a cabo o Trail Orixes de Mondariz, nun trazado de 42 quilómetros e 2300 metros de ascenso donde Iván Sangiao acadaba o primeiro posto da categoría Senior.

0.19278502464294