Fin de semana micolóxica nos Ancares

Esta fin de semana os Ancares acollen dúas actividades micolóxicas. O sábado 15 en Navia de Suarna e o domingo 16 en Becerreá
xornadas micolocias ancares
14 Out 2022

A Deputación organiza un novo programa de e actividades gratuítas para fomentar o lecer saudable e a educación ambiental nas reservas da biosfera de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

No marco deste programa o concello de Navia de Suarna acollerá o vindeiro 15 de outubro un Curso de Micoloxía destinado a familias e adultos.  O curso celebrarase na Escola de Barcia e terá lugar en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 para o que hai dispoñibles 25 prazas.

Acompañando este curso Becerreá acollerá unha Saída Micolóxica o 16 de outubro, unha iniciativa pensada para as familias e os adultos que terá lugar no Centro Social en horario de 10.00 a 14.00.

0.10611486434937