Finaliza en Baralla o Proxecto de Educación para a Saúde en Prevención de Conductas Aditivas

LugoXa
Para pechar o proxecto, o alumnado realizou unha andaina polo tramo da vía Küning que une Baralla co Corgo
CPI-Luis-Díaz-Moreno-de-Baralla-Via-Kunig
13 Apr 2025

Chegou ao seu fin o proxecto de educación para a saúde en prevención de condutas aditivas, como o alcoholismo e o tabaquismo, levado a cabo no CPI Luis Díaz Moreno de Baralla cos alumnos de 1º e 2º de ESO baixo o lema #selian #nontelies.

Este proxecto foi posible grazas á colaboración dun equipo multidisciplinario do SERGAS, composto por persoal de Enfermaría de Familia, EIR, nutricionista, traballo social, psicoloxía, persoal do centro de drogodependencia e do REGAPS de Lugo.

Ao longo do curso escolar, o alumnado participou en 5 sesións nas que se trataron de forma dinámica e extensa temas fundamentais como os conceptos básicos das adiccións, alimentación saudable, exercicio físico e benestar emocional. Ademais, o alumnado tivo a oportunidade de interactuar coa realidade virtual a través da plataforma MEDIAVERSO, o que lles permitiu abordar os contidos dunha maneira innovadora e educativa.

Para pechar o proxecto, o alumnado realizou unha andaina polo tramo da vía Küning que une Baralla co Corgo. Nesta actividade participaron o persoal multidisciplinario mencionado, o equipo docente, a Escola de Pais e Nais, a AMPA, Protección Civil e persoal do propio Concello, que colaboraron na organización e realización da xornada.

Este proxecto foi un éxito na promoción de hábitos saudables e na prevención de adiccións entre a mocidade, creando un espazo de aprendizaxe integral para o alumnado.

⚙ Configurar cookies
0.16949820518494