Finaliza o Festival de Música Cidade de Lugo con La Guirlande, Alicia Amo e Jonian Ilias

LugoXa
Remata o programa da 51ª edición do decano dos festivais galegos e un dos máis antigos do estado, o Festival de Música Cidade de Lugo 2024
la_guirlande
Cartel da cita
30 May 2024

Finaliza o programa da 51ª edición do decano dos festivais galegos e un dos máis antigos do estado, o Festival de Música Cidade de Lugo 2024. Este venres o grupo historicista La Guirlande, dirixido polo frautista Luis Martínez Pueyo, xunto á soprano Alicia Amo desenvolverá un programa con “Músicas ao divino na España e o México virreinal do século XVIII” de autores como Nebra, Casellas, Hernández Illana ou Juan Martín Ramos.

Pechará o festival, o 1 de xuño, o violinista Jonian Ilias Kadesha, dirixindo a Orquestra Sinfónica Vigo 430 en dous concertos para violín de Vivaldi e Mozart e sinfonías de Mendelssohn e Haydn. La Guirlande, fundado por Luis Martínez Pueyo durante a súa estadía na Schola Cantorum Basiliensis, é un dos ensembles especializados en interpretación historicista da música dos séculos XVIII e XIX máis versátiles do panorama actual.

Conta con músicos de recoñecido prestixio no campo da interpretación historicista. Formados nalgunhas das escolas máis importantes do mundo no ámbito da música antiga (Schola Cantorum Basiliensis, Conservatoire National Supérieur de París, Koninklijk Conservatorium den Haag), todos eles colaboran con ensembles e orquestras de renome a nivel europeo e internacional.

Alicia Amo, tras estudar violín no conservatorio burgalés Antonio de Cabezón compaxinándoo con ballet e percusión clásica, canta como solista repertorio dende o século XVI ata o século XXI con agrupacións de cámara e xunto a orquestras como a Nacional de España, Sinfónica de RTVE ou Sinfónica de Bilbao.

Jonian Ilias Kadesha semella un músico do Renacemento na diversidade e creatividade dos seus intereses intelectuais e a súa creación musical. Os seus estudos de filosofía e retórica inflúen na precisión estilística das súas interpretacións, xa sexa de música antiga ou contemporánea, e a súa rica imaxinación amósase tanto nos mundos sonoros que crea como nos proxectos en que participa como solista, intérprete-director e músico de cámara. En 2017, Kadesha fundou e asumiu o cargo de director artístico do Caerus Chamber Ensemble, un conxunto de cámara flexible formado por destacados instrumentistas da xove xeración de músicos europeos.

 

Programa:

31 de maio - Círculo das Artes - 20:30 h

La Guirlande

Alicia Amo, soprano

Cristal Bello

Músicas ao divino na España e o México virreinal do século XVIII

 

1 de xuño - Círculo das Artes -  20:30 h

Orquestra Sinfónica Vigo 430

Jonian Ilias Kadesha, violín e dirección

Paixón. Concertos e sinfonías. (Mozart, Vivaldi, Mendelssohn e Haydn)


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20423483848572