Finalizadas as obras dunha vía municipal na parroquia de Prógalo
Finalizan as obras dunha vía municipal na parroquia de Prógalo, segundo anunciou o tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández que contaron cun orzamento de 60.000 euros.
Unha actuación que mellora a seguridade viaria nas redes de acceso a esta parroquia. Fernández explicou que “os traballos que se levaron a cabo consistiron na limpeza de cunetas, na rehabilitación do firme con aglomerado en quente e na renovación da sinalización horizontal e vertical”.
O edil destacou a importancia desta obra, “que desenvolvemos despois de escoitar as necesidades que nos traslada a veciñanza da zona despois de levar a cabo, recentemente, o arranxo da estrada municipal da LU-P-2903 nesta parroquia, melloras que non só beneficiarán ás persoas residentes na mesma senón que reverterán no conxunto do tráfico rodado que circula pola zona”, concluíu.