Finalizan as obras de arranxo das estradas de Sta. Cristina de San Román e Piñeiro
LugoXa
Finalizan as obras de arranxo de dúas estradas municipais a de Sta. Cristina de San Román e Piñeiro segundo informan dende Medio Rural
3 Abr 2023
Conclúen as obras de mellora do firme de varias vías municipais, en concreto, trátase das estradas municipais de Allariz, a que atravesa o Lugar de Piñeiro (en San Martiño de Piñeiro) e na CP-2402, no Lugar do Val, até as proximidades da CP-1611 en Santa Cristina de San Román por un valor conxunto de 121.725 euros, que se sufragarán con cargo ao Plan Único da Deputación Provincial.
As tarefas incluíron a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas e a adaptación dos rexistros existentes ás novas rasantes, así como a reposición do firme con aglomerado en quente, xa que son vías moi transitadas e que, debido á súa antigüidade, se atopan nunha situación que esixe á súa rehabilitanción.