Finalizan os traballos de mantemento no rego San Martiño, en Becerreá

LugoXa
A Confederación Hidrográfica do Cantábrico finalizou os traballos de mantemento e conservación no leito do rego San Martiño nas inmediacións de Cruzul, dentro do municipio de Becerreá.
rego-San-Martiño
Imaxe antes dos traballos
18 Maio 2024

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico finalizou os traballos de mantemento e conservación no leito do rego San Martiño nas inmediacións de Cruzul, dentro do municipio de Becerreá.

Estas actuacións contaron cun orzamento inicial duns 3.000 euros e executáronse ao longo de 100 metros de leito. Traballos co obxectivo de retirar os residuos sólidos urbanos depositados nunha entulleira ilegal para trasladalos a unha entulleira autorizada.

Estes labores realizáronse a través da empresa pública Tragsa dentro do Programa de mantemento e conservación de leitos que desenvolve a Confederación Hidrográfica do Cantábrico fóra das zonas urbanas, xa que nas zonas urbanas os labores de conservación e mantemento de leitos son competencia dos concellos. Durante o pasado ano 2023 investíronse en Lugo 380.116,69 euros repartidos en 34 actuacións en 9 municipios.

0.21017289161682