Finalizan os traballos de mellora no río Rodil
A Confederación Hidrográfica do Cantábrico finalizou os traballos de acondicionamento, conservación e mellora de tres tramos do río Rodil: dous na contorna de O Mazo ( T.M. de A Fonsagrada) e outro nas proximidades de Os Cangos ( T.M. de Ribeira de Piquín).
As actuacións tiñan por obxecto a roza e a retirada de restos vexetais depositados no leito do río que formaban tapóns que impedían o correcto discorrer das augas. Tamén se retiraron numerosas árbores secas con risco de caída sobre o leito, evitando a produción de futuros tapóns.
Estes traballos, cun orzamento de 26.000 euros, realizáronse a través da empresa pública Tragsa dentro do Programa de mantemento e conservación de leitos que desenvolve CHCantábrico, nos ríos cantábricos da provincia de Lugo. No ano 2020 o investimento realizado en traballos de conservación e mantemento de leitos en Lugo foi de 248.689 euros, repartida en 17 actuacións en 9 municipios.
A Confederación Hidrográfica do Cantábrico lembra que as labores de conservación e mantemento de leitos en zonas urbanas son competencia dos concellos, polo que as súas actuacións circunscríbense, necesariamente, ás zonas non urbanizadas.