Formarse como DJ é posible en Lugo grazas a un curso gratuíto
LugoXa
A área de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo pon en marcha unha nova proposta para a mocidade da cidade.
30 Mar 2024
A área de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo pon en marcha unha nova proposta para a mocidade da cidade. Trátase dun curso intensivo de DJs que terá lugar todos os sábados a partir do 13 de abril ata o 8 de xuño e o domingo 8 de xuño.
A actividade desenvolverase en horario de 11.00 a 14.00 horas na Casa da Música. Hai 14 prazas, polo que é preciso realizar a inscrición a través da web www.lugomasxti.org. Trátase dunha actividade dirixida á rapazada a partir de 16 anos que estea empadroada en Lugo.