Foron entregados os diplomas ao alumnado que completou o obradoiro de emprego dual ArquivaLugo

LugoXa
No que respecta ao próximo taller, Salus Lugo, será financiado pola Xunta con cargo á convocatoria de axudas de 2024, comezará este ano
Obradoiro-de-emprego-Arquiva-lugo
22 Nov 2024

O alumnado que completou o obradoiro de emprego dual ArquivaLugo, promovido polo Concello de Lugo co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, recibiu os seus diplomas.

O obradoiro, que se desenvolveu durante o último ano contou con tres especialidades: Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos; Confección e publicación de páxinas web; e Deseño de produtos gráficos.

Durante o proceso formativo, recuperáronse libros de Actas Consistoriais do século XVI ata a segunda metade do XIX, que son os documentos máis representativos da xestión e administración dos concellos modernos e contemporáneos. Expedidos polos órganos de goberno locais, recollen as decisións e actuacións dos cargos municipais da época, sendo unha fonte imprescindible para a reconstrución dos diversos aspectos da vida da cidade de Lugo.

Ademais, as accións centráronse na dixitalización de documentos municipais: actas consistoriais da segunda metade dos séculos XVIII e XIX e expedientes de licenzas de obras do período comprendido entre 1951 e 1955 que se atopaban no Arquivo Histórico Provincial; a elaboración dunha páxina web e o deseño de material sobre o Arquivo Municipal, como un tríptico informativo e un calendario de mesa.

O acto contou coa participación do delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, quen apuntou que o Goberno galego inviste 982.000 euros neste taller e noutro que comezará proximamente neste mesmo municipio. Cada un deles brinda oportunidades laborais a 20 persoas desempregadas. Arias destacou que estes programas combinan formación teórica e práctica en sectores con alta demanda de profesionais, “polo que as persoas participantes melloran as súas posibilidades de optar a un emprego de calidade”.

Pola súa parte, o edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, felicitou aos 16 alumnos e alumnas que completaron a súa formación no ámbito do deseño gráfico, o desenvolvemento web e os procesos de dixitalización, “áreas cunha importante demanda de profesionais, polo que o obxectivo é favorecer o seu acceso ao mercado laboral, contribuíndo a xerar novos postos de traballo no municipio”, explicou Repetto.

Neste senso, o edil lembrou que “con esta iniciativa buscamos mellorar a ocupabilidade de persoas que se atopaban desempregadas, a través da cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral, ao tempo que se dota ás e aos participantes de coñecementos e destrezas profesionais adaptadas ás necesidades do mercado actual”.

No que respecta ao próximo taller, Salus Lugo, será financiado pola Xunta con cargo á convocatoria de axudas de 2024 comezará este ano e ofrecerá formación nas áreas de atención sociosanitaria a persoas dependentes e intervención socioeducativa orientada ás persoas con discapacidade.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18903207778931