Foron entregados os Premios de Poesía Nadal 2024 de Antas de Ulla
A Biblioteca Municipal de Antas de Ulla organizou na Casa da Cultura, a entrega dos Premios de Poesía Nadal 2024, un evento que destacou o talento literario dos máis novos da localidade.
Nesta edición, foron premiados 15 rapaces e rapazas, de idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos, polos seus poemas, que amosaron a súa creatividade e sensibilidade no eido da poesía.
A alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, presidiu o acto, acompañada por Sandra Mariño, membro do xurado, e Teresa Batán, bibliotecaria municipal.
A entrega de premios contou cunha gran asistencia de público, que puido gozar da presenza de familiares e amigos dos premiados. Ao finalizar o evento, o contacontos Caxoto puxo o broche final cunha actuación que deixou ao público entusiasmado.
Desta edición, nove dos premiados pasarán á fase provincial do certame, que será organizada pola Biblioteca Pública de Lugo. Esta fase ofrece aos rapaces e rapazas a oportunidade de mostrar os seus traballos a un público máis amplo e seguir desenvolvendo o seu talento literario.
PREMIOS POR CATEGORÍAS
Categoría A (ata 8 anos):
1º premio: Alessia Rodríguez
2º premio: Samantha Flores
3º premio: Mía Seijas
Accésits: Thiago Rodríguez e Julián Castro
Categoría B (de 9 a 11 anos):
1º premio: Manuel Coucheiro
2º premio: Mateo Alba
3º premio: Xiana Vázquez
Accésits: Saúl Yagüe e Irea Magdaleno
Categoría C (de 12 a 16 anos):
1º premio: Adriana Vázquez
2º premio: Daniela Pedrosa
3º premio: Hugo Conde
Accésits: Pablo Coucheiro e Iker Josenge
A celebración do certame serviu tamén como un escaparate para as novas voces literarias de Antas de Ulla, que, grazas a iniciativas como esta, teñen a oportunidade de expresarse e ser recoñecidas pola súa creatividade.