Fracasa a proposta das viaxes en autobús gratis para menores de 18 anos e pensionistas en Lugo
A sesión plenaria deste xoves saldouse con que as catro proposicións presentadas polo populares non saíron adiante tras a negativa do PSOE e do BNG, que votaron en contra. Deste xeito, o PP presentaba a iniciativa de completar o abastecemento de varias parroquias da zona rural como o Veral e Santa María Alta que aínda carecen deste servizo.
Para os populares, o Concello resultou beneficiado polo efecto do canon da auga, “con máis de 100 millóns de euros en actuacións como a ampliación da estación depuradora, os colectores ou o acondicionamento da marxe dereita do Miño, así como importantes melloras no saneamento do barrio da Piringalla”.
A formación política tamén presentou a iniciativa para aproveitar a recente modificación lexislativa impulsada polo goberno de Alfonso Rueda e así adoitar medidas sobre os locais baleiros que hai en Lugo e convertelos en vivendas. Aseguran que os inmobles baleiros, non só baixos senón tamén entreplantas que cumpran a normativa do hábitat, e que abondan en moitos puntos da cidade supoñen un desperdicio de recursos e, nalgúns casos, contribúen ao deterioro da contorna urbana na que se sitúan.
Por iso manteñen a intención de levar a cabo esta transformación de locais baleiros en vivendas sen afectar ao equilibro entre o número de residentes e os servizos dispoñibles en cada zona, é dicir debe garantirse a dispoñibilidade de servizos suficientes para atender a esa poboación adicional. Non obstante, o PSOE e BNG tumban “sen explicar e sen posiblemente ter claro como facelo”.
Eliminar tapóns urbanísticos
Outra das iniciativas coa que non lograron acordo foi a de implementar viaxes en autobús gratis para menores de 18 anos, como para xubilados pensionistas e escasos recursos. Ademais, tanto PSOE como BNG tamén se opuxeron á eliminación de forma progresiva dos tapóns urbanísticos que hai na cidade priorizando aqueles considerados máis perigosos.
“Unha vez máis en vez de asumir que hai un problema que non son capaces de resolver dedican a intervención a descalificar. Neste caso tamén afloran os conflitos internos desta área e que nos levan a situación actual”. Para os populares, a supresión destas barreiras suporía a transformación de espazos que hoxe son barreiras para a cidadanía, contribuído a facer unha cidade máis accesible.
Reparación da pista que comunica Segade cos lagos de Teixeiro
Entre as peticións da formación política tamén se encontra a reparación da pista de 900 metros que comunica o lugar de Segade cos lagos de Teixeiro, xa que presenta un estado “lamentable” con fochancas “de gran tamaño” que supoñen un risco para a seguridade vial. Con esta intervención os veciños deste núcleo recuperarían unha vía de acceso directo á estrada de Meira e que se viña utilizando dende sempre para vir a Lugo, evitando aos veciños de Segade, na parroquia de Teixeiro, que teñan que facer un traxecto moito mais longo accedendo pola estrada de Meira.
Por outra banda, solicitan que a expedición dos certificados acreditativos da percepción de prestación sociais que se tramitan no Concello para persoas vulnerables perceptores de rentas ou prestacións sociais sexan gratuítos.
Co obxectivo de mellorar a difusión de eventos culturais, propoñen usar activamente as redes sociais, establecer alianzas con axencias locais, organizar eventos interactivo, promover concursos de ideas para involucrar á comunidade e mellorar o consumo cultural. Pola contra, amósanse satisfeitos tras a aprobación do Consello Municipal do Maior, demanda, respaldada pola Asociación de Xubilados e Pensionistas e esperan que se faga realidade pronto.