Francisco Balado reúnense con Javier Arias para falar de novos investimentos en Castro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
O delegado transmitiu o interese de seguir traballando no desenvolvemento de iniciativas que permitan mellorar o benestar dos veciños e veciñas
alcalde-castro-de-rei
13 Mar 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha reunión de traballo co alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, que serviu para analizar as principais necesidades do municipio naqueles ámbitos que son competencia da Administración autonómica e para avanzar en posibles colaboracións.

Na xuntanza referíronse ademais a recentes investimentos do Goberno galego no concello chairego, como os máis de 107.000 euros que se destinaron o pasado ano a acometer diferentes melloras nos centros educativos CEIP Veleiro Do Campo, CEIP Ramón Falcón e IES Terra Chá; os máis de 27.000 euros para mellorar e ampliar o parque infantil da Praza Maior da localidade; ou os preto de 80.000 euros ao abeiro do Plan Marco 2023-2024 da Consellería de Medio Rural, que permitiron acondicionar vías municipais de acceso aos lugares de Vacariza, Barxa e Carballosa.

Arias trasladoulle ao rexedor de Castro de Rei a vontade da Xunta de seguir traballando de xeito conxunto co Concello no desenvolvemento de iniciativas que permitan seguir mellorando o benestar dos veciños e veciñas do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.17791891098022