Frigsa abre dende hoxe as súas piscinas

LugoXa
As piscinas exteriores de Frigsa abrirán ao público no día de hoxe, mércores 16 de xuño ata o 15 de setembro.
auga piscina
16 Jun 2021

As piscinas exteriores de Frigsa abrirán ao público hoxe, mércores 16 de xuño, ata o 15 de setembro garantindo todas as medidas de seguridade, incluíndo de novo o control no acceso (entrada e saída) e os límites de aforo.  

O aforo máximo permitido da instalación será de 300 usuarias e usuarios. O espazo verde estará delimitado en 5 zonas para evitar aglomeracións de grupos, así coma que se manteña a distancia de seguridade. Os aseos dos vestiarios e as duchas exteriores poderán ser utilizadas polos bañistas.  

O horario de apertura das piscinas será de luns a venres, de 12:00 a 20:30 horas e, de 12:00 a 20:00 horas, os sábados e os domingos.  

Os prezos mantéñense en relación a tempadas anteriores e serán de 1 euro para a mocidade até os 15 anos (10’80 euros o abono de 15 baños); de 2’20 euros para adultos, maiores de 16 anos, (22’30 euros o custo do abono). Para pensionistas o abono terá un custo de 11’10 euros e para familias a partir de tres membros será de 29,90 euros (o abono de 15 baños) e 59,10 euros (o abono de 30 baños).  

0.037144184112549