Friol acolle a presentación do documental das Primeiras Olimpíadas Rurais de Galicia

LugoXa | TerraChaXa
O acto, aberto a todos os públicos, busca recoñecer e agradecer a participación e implicación de todas as persoas que o fixeron posible
presentacion-programa-olimpiadas-rurais-friol
21 Nov 2024

Este sábado 23 de novembro, ás 18:00 horas, o salón de actos do centro sociocultural de Friol converterase no escenario da presentación e proxección do documental das Primeiras Olimpíadas Rurais de Galicia.

O acto, aberto a todos os públicos, busca recoñecer e agradecer a participación e implicación de todas as persoas que fixeron posible o éxito deste proxecto pioneiro. Durante a celebración das Olimpíadas, os equipos participantes foron os verdadeiros protagonistas, e agora, neste documental, continúan a ser os principais actores.

A través desta proxección, preténdese dar unha maior visibilidade a este evento innovador, que destacou pola súa boa acollida e pola gran resposta da veciñanza e dos participantes. Será unha oportunidade única para rememorar os mellores momentos e compartir de novo o espírito comunitario que caracterizou as Primeiras Olimpíadas Rurais.

0.16755199432373