Friol acolle este martes unha charla sobre alimentación e nutrición

TerraChaXa | LugoXa
O concello de Friol acollerá este martes, 6 de febreiro, unha xornada informativa sobre alimentación, que se desenvolverá no centro sociocultural da localidade a partir das 16.
5 Feb 2024

O concello de Friol acollerá este martes, 6 de febreiro, unha xornada informativa sobre alimentación, que se desenvolverá no centro sociocultural da localidade a partir das 16.00 horas.

Falarase sobre alimentación saudable e os distintos nutrientes, que son alimentos procesados e ultraprocesados e ferramentas das que dispoñemos para escoller a mellor opción.

Daranse tamén consellos para unha cesta saudable con interpretación do etiquetado. E finalmente, poñer todo en práctica, elaborarase un menú entre todos incluíndo o contido anterior.

A sesión estará a cargo de Paula Roca Saavedra, dietista-nutricionista no centro de saúde de Vilalba, e Antía Pérez Vázquez, dietista-nutricionista no centro de saúde e Outeiro de Rei e Guitiriz.

0.18118214607239