Friol acolle o domingo 13 a Transgalaica Maratón MTB Series 2025


O próximo domingo día 13 de este mes de abril, en Friol, terá lugar a celebración da cuarta cita da Transgalaica Maratón MTB Series de este ano 2025.
Xa só faltan uns días e dende a organización están deixando todo a punto para a ruta. O percorrido oficial, o formulario para inscribirse, e toda a información, está na páxina web Magma Sports.
O total da proba serán 68,87 km con un desnivel de + 1.261m.
Os horarios da proba son: de 8:00 a 9:00 retirada de dorsais e transponders; ás 9:15 configuración da grella de saída; ás 9:25 peche das grellas de saída; ás 9:30 comeza a proba; e ás 14:00 procederase á entrega de trofeos.
A primeira cita deste ano foi en Cerdedo-Cotobade, a segunda tivo lugar en Ames, a terceira realizouse en Silleda, e esta cuarta será no Concello de Friol, quedando a quinta e última que se celebrará en Manzaneda.
Está aberto o prazo para poder facer a inscrición para este evento a través da plataforma mencionada (www.magmasports.es), ata este mércores 9 de abril ás 23:59 horas.
O prezo da inscrición será de 20 euros. Non se admiten inscricións o día da proba. Para os non federados o custe será de 32 euros (20 de inscrición + 12 licenza de 1 día).
Dende a organización, representada polo presidente do club ciclista, Carlos, din “estamos moi contentos de poder realizar un ano mais este evento no noso municipio, e xa temos case todo listo para celebrar unha carreira única, dura e desfrutona a partes iguais, na que estamos seguros que as persoas que veñan van querer repetir a experiencia, xa que a beleza e o ambiente que se vive en esta xornada de ciclismo é única”
Pola súa parte, o alcalde de Friol, José Ángel Santos, resalta que “un ano mais quero agradecer o gran esforzo e a implicación da directiva e de todas as persoas integrantes do Club Ciclista Friol por todo o traballo que hai detrás da organización desta cita, que estou seguro que será un éxito, como todo o que organizan desde este club”.
