Friol acolle o sábado un novo Máster de caza sen morte

Este sábado, día 17 de xaneiro, a partir das 8 da mañá, dará comezo a proba do XVIII Máster CCBP que se celebra, por quinto ano consecutivo, en Friol.
Esta é unha proba de cans de mostra sobre becada, que é considerada unha das máis importantes a nivel nacional.
Esta proba será nos terreos dos Tecors Cova da Serpe I e II do Concello de Friol, onde participarán os elixidos para esta modalidade de caza sen morte, na que só se puntúa o bo facer dos cans.
O Club Deportivo Jalizar, club de Friol que está integrado por amantes da natureza e dos animais, especialmente dos cans, é o que organiza, xunto co Concello de Friol e a Asociación de Cazadores de Friol Tecores de Caza Cova da Serpe I e II, esta proba do Máster.
Con estas xuntanzas pretenden mostrar un enfoque diferente do aproveitamento cinexético dos nosos montes, acorde cos tempos actuais.
As inscricións poden facerse con Jesús Penín no teléfono 637 444 907.