Friol acolle unha xornada divulgativa sobre castros e patrimonio

LugoXa | TerraChaXa
A charla está organizada pola asociación de recreación histórica A Castronela
xornada-informativa-felipe-arias
26 Mar 2025

O vindeiro 29 de marzo, o Centro Sociocultural de Friol será o escenario dunha xornada divulgativa centrada nos castros, a investigación arqueolóxica e a conservación do patrimonio. O evento, que dará comezo ás 17:30 horas, contará coa presenza do historiador e museólogo Felipe Arias Vilas, quen abordará distintos aspectos do pasado galego a través dos castros.

A charla está organizada pola asociación de recreación histórica A Castronela e conta coa colaboración do Concello de Friol e da Universidade de Santiago de Compostela, a través do seu Departamento de Pedagoxía e Didáctica.

Desde a organización convidan a toda a veciñanza e persoas interesadas en coñecer máis sobre o noso pasado a participar nesta cita cultural.

⚙ Configurar cookies
0.31443905830383