Friol acolle unhas xornadas formativas para queixerías tradicionais

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Friol acollerá a partir do día 20 de maio unhas xornadas formativas para as queixeiras do Concello.
xornadas queixerias tradicionais friol portada
16 May 2023

O Concello de Friol acollerá a partir do día 20 de maio unhas xornadas formativas para as queixeiras do Concello. Nelas falarase das principais barreiras hixiénico-sanitarias que se atopan as pequenas queixerías, adaptándose ás necesidades das participantes.

Tratarase de resolver os problemas que poida ter cada queixeira. Informarase do Decreto de Artesanía Alimentaria e a súa utilidade de cara a este tipo de producións, etc.

A intención destas xornadas é dar información e tentar solucionar posibles problemas cos que se atopan as queixeiras, e que esta tradición non desapareza, manter en funcionamento estas queixerías mellorando a súa rendabilidade económica e axudando así, no posible, a ter un relevo xeracional.

As sesións serán entre o 20 e o 27 de maior en horario de 11.00 a 13.00 horas no salón de actos do centro sociocultural. Están organizadas polo GDR Comarca de Lugo.

xornadas queixerias tradicionais friol

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.090821027755737